treixadura
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /tɾejʃaˈðuɾa̝/ (AFI)
treixadura (sg: treixadura; pl: treixaduras)
- (Agricultura) (Alimentación) Clase de uva branca, autóctona de Galicia, de pequeno tamaño e forma esférica, con pel grosa de cor amarela semellante á palla, brillante e irisacións douradas e verdes, en acios pequenos que agroman cedo e teñen unha maduración precoz, de alto nivel de azucre e acidez.
- (Alimentación) Viño branco feito desta uva.