taquiglósidos
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico Tachyglossa, nome de xénero, e -idos.
- Pronuncia: /ta.ki.'ɤlɔ.si.ðo̯s/ (AFI)
taquiglósidos (sg: taquiglósido; pl: taquiglósidos)
- (Zooloxía) Familia de mamíferos prototerios da orde dos monotremos, a única da suborde dos taquiglosos (Tachyglossa), coñecidos vulgarmente como equidnas e que comprende catro especies hoxe existentes que, xunto co ornitorrinco, son os únicos membros vivos desta orde, os únicos mamíferos que poñen ovos. Comprede dous xéneros, Tachyglossus, cunha única especie Tachyglossus aculeatus, o equidna común, e Zaglossus, coas outras tres.
- Exemplo: Os taquiglósidos viven en Australia e Nova Guinea.
- Exemplo: Os taquiglósidos viven en Australia e Nova Guinea.