Saltar ao contido

térmite

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «térmite».
Colonia de Coptotermes formosanus: soldados (cabezas vermellas) e obreiros (cabezas brancas)
  • Pronuncia: /ˈtɛɾ.mi.te̯/ (AFI)
  1. (Zooloxía) O dos térmites é un grupo de insectos sociais da orde taxonómica dos blatoideos, infraorde dos isópteros. Aínda que os térmites son coñecidos, especialmente en Australia, como "formigas brancas", non están relacionados coas formigas. Viven en comunidades de numerosos individuos (colonias) e roen a madeira para alimentárense, polo que poden ocasionar grandes prexuízos a causa da súa voracidade.