sexo
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego

Substantivo masculino
sexo (sg: sexo; pl: sexos)
- (Bioloxía) O sexo é un proceso de combinación e mestura de trazos xenéticos moitas veces dando por resultado a especialización de organismos en variedades feminina e masculina coñecidas como "sexos".
- Exemplo: A reprodución sexual implica a combinación de células especializadas no sexo, chamadas gametos, para formaren fillos que herdan o material xenético e, polo tanto, os trazos e natureza de ambos os pais.
- (Bioloxía) Conxunto de características orgánicas que permiten distinguir un individuo macho dun individuo femia.
- Exemplo: Sexo masculino e sexo feminino.
- Parte externa dos órganos xenitais, que é distinta no macho e na femia.
- {{exemplo|Cubrían o seu sexo cun taparrabos. SINÓNIMO xenitais
- Conxunto de comportamentos e manifestacións relativas ao instinto sexual.
- Exemplo: O sexo é unha das compoñentes importantes nunha civilización ou sociedade. O sexo nos nenos e nos adultos..
- Actividade sexual.
- Exemplo: Está obsesionado co sexo.