polémica

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /po.'lɛ.mi.ka̯/ (AFI)

Adxectivo

polémico, -ca (ms: polémico; mpl: polémicos; fs: polémica; fpl: polémicas)

  1. Pertencente ou relativo á polémica.
    • Exemplo: Discusións polémicas

      .
  2. Que suscita polémica.
    • Exemplo: A súa declaración foi moi polémica.

Substantivo feminino

polémica (sg: polémica; pl: polémicas)

  1. Debate vivo sobre calquera tema feito por escrito ou de forma oral.
    • Exemplo: As súas declaracións provocaron unha gran polémica en todos os medios de comunicación.

Sinónimos

controversia