plástico
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín plastĭcus, e este do grego antigo πλαστικός plastikós. A forma feminina, do latín tardío plastĭca, e este do grego antigo πλαστική plastikḗ.
- Pronuncia: /ˈplas.t̪i.ko/ (AFI)
plástico (ms: plástico; mpl: plásticos; fs: plástica; fpl: plásticas)
- Que pode ser modelado con facilidade.
- Exemplo: A arxila é unha materia plástica.
- Exemplo: A arxila é unha materia plástica.
- Que está feito de plástico.
- Exemplo: Unha botella plástica.
- Exemplo: Unha botella plástica.
- Que está composto de substancias sintéticas que lle confiren as propiedades do plástico.
- Exemplo: Uso pintura plástica para o casco dos barcos
.
- Exemplo: Uso pintura plástica para o casco dos barcos
- (Arte) Relativo ou pertencente á plástica.
- Exemplo: Un cadro dunha gran riqueza plástica.
- Exemplo: Un cadro dunha gran riqueza plástica.
- (Cirurxía) Relativo ou pertencente á cirurxía plástica.
- Exemplo: É un gran cirurxián plástico.
- Exemplo: É un gran cirurxián plástico.
- (Figurado) Estilo, linguaxe, etc. literario que se caracteriza pola súa concisión, expresividade e viveza.
- Exemplo: Este escritor destaca pola calidade dos seus diálogos e polo valor plástico da súa linguaxe.
- Exemplo: Este escritor destaca pola calidade dos seus diálogos e polo valor plástico da súa linguaxe.
plástico (sg: plástico; pl: plásticos)
- Mestura de elementos sintéticos que ten como base unha materia que se moldea con facilidade pola acción da presión e da calor.
- Exemplo: Un xoguete de plástico.
- Exemplo: Un xoguete de plástico.
plástico (sg: plástica; pl: plásticas)
- (Arte) Arte de crear obxectos con material que se pode moldear.
- Exemplo: Miña filla quere dedicarse á plástica.
- Exemplo: Miña filla quere dedicarse á plástica.
Termos relacionados
artes plásticas, cirurxía plástica, cadro plástico, diñeiro de plástico, explosivo plástico, plástico de burbulla