pipa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈpi.pa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipas)

  1. Recipiente de madeira destinado a conter líquidos, especialmente viño, máis pequeno ca o bocoi, cunha capacidade media entre douscentos cincuenta e cincocentos litros.
  2. Instrumento que serve para fumar, composto por un recipiente onde se queima o tabaco e un tubo polo que se aspira o fume. [1]

Traducións

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para «pipa».


Asturiano

  • Pronuncia: /ˈpi.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipes)

  1. Pipa (recipiente para líquidos).
  2. Cachimba, pipa (para fumar).
  3. (Botánica, Alimentación) Pebida de xirasol.
  4. (Coloquial) Borracheira.

Termos relacionados


Castelán

pipa1

  • Pronuncia: /ˈpi.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipas)

  1. Pipa (recipiente para líquidos).
  2. Cachimba, pipa (para fumar).
  3. (Coloquial) Pistola.

pipa2

  • Pronuncia: /ˈpi.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipas)

  1. (Botánica, Alimentación) Pebida.


Catalán

  • Pronuncia: /ˈpi.pə/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipes)

  1. Cachimba, pipa (para fumar).

Termos relacionados


Esloveno

  • Pronuncia: /pìːpa/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pípa; pl: pípe)

  1. Cachimba, pipa (para fumar).
  2. Billa.


Húngaro

pipa1

  • Pronuncia: /'pi.pɒ/ (AFI)

Substantivo

pipa (sg: pipa; pl: pipák)

  1. Cachimba, pipa (para fumar).

pipa2

  • Pronuncia: /'pi.pɒ/ (AFI)

Adxectivo

pipa

  1. (Vulgar) Enfadado.


Italiano

  • Pronuncia: /ˈpi.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipe)

  1. Cachimba, pipa (para fumar).


Portugués

  • Pronuncia: /ˈpi.pɐ/ (AFI)

Substantivo feminino

pipa (sg: pipa; pl: pipas)

  1. Pipa (recipiente de madeira).
  2. (Brasil) Papaventos.


Serbocroata

  • Pronuncia: /pî.pa/ (AFI)

Substantivo feminino

pȉpa (sg: pipa; pl: pipe)

  1. Billa.


Vasco

  • Pronuncia: /'pi.pa/ (AFI)

Substantivo

pipa (sg: pipa; pl: pipak)

  1. Cachimba, pipa (para fumar).