Saltar ao contido

pataca doce

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pataca doce».

Locución substantiva feminina

Rama da pataca doce
Patacas doces

pataca doce (sg: pataca doce; pl: patacas doces)

  1. (Botánica) Planta herbácea da familia das convolvuláceas que produce tubérculos comestibles (pataca doce2). Ten talo rastreiro e ramalludo, follas alternas, pecioladas, cordiformes ou saxitadas, con frecuencia lobuladas, e flores acampanadas, gamopétalas, xeralmente rosáceas por dentro e brancas por fóra.
  2. (Alimentación) Tubérculo comestible da pataca doce1, de polpa tenra e azucrada. Fusiforme, duns doce centímetros de lonxitude, pode presentar varias coloracións, frecuentemente parda ou avermellada, máis escura por fóra que por dentro.

Termos relacionados

Traducións