Saltar ao contido

nitrato de amonio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Locución substantiva masculina

nitrato de amonio

  1. (Química) O nitrato de amonio é un sal sólido e incoloro, de fórmula NH4NO3, que forma cristais, solúbel en auga e en alcohol, usado como oxidante e como fundente de metais, e tamén na produción de mesturas frigoríficas, fertilizantes e explosivos.
    • Exemplo: A produción mundial de nitrato de amonio estimouse en 21,6 millóns de toneladas en 2017

      .

Sinónimos

nitrato amónico