Saltar ao contido

-ico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

-ico1

  • Pronuncia: /´i.ko̯/ (AFI)

Sufixo

-ico (ms: -ico; mpl: -icos; fs: -ica; fpl: -icas)

  1. Definición impropia: Sufixo que se emprega na formación de adxectivos para expresar relación, pertenza, procedencia ou características propias do significado da base á que se une.
    Exemplos: decaédrico, xeométrico, volcánico, histórico, metálico, atómico, biolóxico.
    Exemplo: decaedro → decaédrico

    Exemplo: volcán → volcánico

    Exemplo: metal → metálico

  2. (Química) Sufixo empregado na formación de adxectivos que designan determinados ácidos e outros compostos químicos.
    Exemplos: ácido acético, ácido benzoico, ácido desoxirribonucleico, ácido sulfúrico.
  3. (Química) Na nomenclatura tradicional, sufixo que indica, entre dous estados de oxidación dun elemento, o máis elevado, en oposición ao sufixo -oso.
    Exemplos: férrico fronte a ferroso; sulfúrico fronte a sulfuroso; cúprico fronte a cuproso.

Termos relacionados

Traducións

Referencias

-ico2

  • Etimoloxía: de orixe incerta, diferente da do sufixo culto de relación ou pertenza.


Sufixo

-ico (ms: -ico; mpl: -icos; fs: -ica; fpl: -icas)

  1. Definición impropia: Sufixo diminutivo que se emprega na formación de substantivos e adxectivos para expresar pequeno tamaño ou introducir un matiz afectivo, burleiro ou despectivo, segundo o contexto.
    Exemplos: murico (muro pequeno), casica (casa pequena), cativico.
    Exemplo: muro → murico

    Exemplo: cativo → cativico

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións

Referencias