Saltar ao contido

nómina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'nɔ.mi.na̯/ (AFI)

Substantivo feminino

nómina (sg: nómina; pl: nóminas)

  1. Relación de persoas que, nunha empresa, perciben un soldo.
    • Exemplo: Todos os traballadores da empresa están en nómina.

  2. Documento no que constan os datos e a retribución de cada empregado, que este debe firmar como xustificante de ter percibido o soldo.
    • Exemplo: Os empregados asinaron as nóminas.

  3. Por extensión, retribución dun empregado.
    • Exemplo: Xa podedes pasar a cobrar a nómina.