Saltar ao contido

morfema

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /moɾ.fɛ.ma̝/ (AFI)

Substantivo masculino

morfema (sg: morfema; pl: morfemas)

  1. (Gramática) Unidade lingüística mínima dotada de significante e de significado.
    • Exemplo: Morfema gramatical. Os morfemas léxicos. A palabra mulleres contén dous morfemas: "muller" e "-es".

  2. (Gramática) Por oposición a lexema, morfema gramatical, por exemplo, de, el, eu, non, -ar, -eiro.