mecha

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈmet͡ʃa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

mecha (sg: mecha; pl: mechas)

  1. Corda preparada para prenderlle lume e arder de distintas maneiras, usada en candeas ou explosivos.
  2. Grupo de cabelos que se distinguen do resto.
  3. (Alimentación) Tira de touciño, lardo, xamón... dentro dunha carne, ou dun peixe, para cociñalo a continuación.

Traducións

Adxectivo

mecha (ms: mecho; mpl: mechos; fs: mecha; fpl: mechas)

  1. Feminino singular de mecho.