mate

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «mate».

mate1

Substantivo masculino

mate (sg: mate; pl: mates)

  1. (Xadrez) Xogada do xadrez que coloca o rei dun dos xogadores en posición indefendible, ao non poder evadir un xaque, finalizando así o xogo.

mate2

Substantivo masculino

mate (sg: mate; pl: mates)

  1. (Botánica) Planta arbórea ou arbustiva da familia das aquifoliáceas, propia da rexión subtropical de América do Sur (Paraguai), que ten unhas follas coas que se prepara, por infusión, unha bebida estimulante.
  2. (Alimentación) Infusión desta planta.

mate3

Adxectivo

mate (ms: mate; mpl: mates; fs: mate; fpl: mates)

  1. Pálido ou carente de brillo.

Traducións