macromolécula

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «macromolécula».
Estrutura dunha proteína, un exemplo de macromolécula natural
  • Pronuncia: /ma.kɾo.mo.ˈle.ku.la/ (AFI)

Substantivo feminino

macromolécula (sg: macromolécula; pl: macromoléculas)

  1. (Química) Molécula de gran tamaño, de orixe natural ou artificial, constituída por un gran número de átomos. De masa molecular elevada, xeralmente pódense describir como a repetición dunha ou unhas poucas unidades mínimas ou monómeros, formando polímeros.
    • Exemplo: A celulosa é unha macromolécula natural. Os plásticos son macromoléculas artificiais

      .

Véxase tamén