lique

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «lique».
Lobaria pulmonaria, lique sobre o tronco dunha árbore
  • Pronuncia: /ˈli.ke̝/ (AFI)

Substantivo masculino

lique (sg: lique; pl: liques)

  1. (Botánica) Organismo do grupo dos liques.
    • Exemplo: Os liques inclúense normalmante nas criptógamas.

  2. (Patoloxía) Nome xenérico de diversas dermatoses.
    • Exemplo: O lique plano é o lique máis coñecido.

Substantivo masculino plural

liques

  1. (Botánica) Grupo de seres vivos moi simples formados por unha simbiose constituída por un fungo e unha alga ou unha cianobacteria, que se desenvolven como placas de varias cores na superficie de árbores ou de rochas expostas á humidade e ao sol.
    • Exemplo: Os liques son xeralmente estudados polos botánicos, a pesar de non seren verdadeiras plantas

      .

Termos relacionados

lique plano, liquénico, liquenólogo, liquenoloxía