placa
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do francés plaque, derivado de plaquer, 'revestir cunha placa de metal', e este do neerlandés medio placken 'poñer un remendo', 'pegar'.
Pronuncia: /'pla.ka̯/ (AFI)
placa
(sg: placa; pl: placas)
- Lámina ríxida e pouco grosa de metal, madeira ou plástico, destinada xeralmente a ser aplicada sobre unha superficie plana.
- (Arquitectura) Estrutura, xeralmente de formigón armado, que cobre unha superficie ou que serve de base para outra estrutura ou construción.
- (Fotografía) Lámina de vidro recuberta, nunha das súas caras, por unha emulsión fotosensíbel, que serve para obter probas fotográficas negativas.
- (Música) e (Tecnoloxía) Disco de gramófono.
Termos relacionados
placa base, placa calefactora, placa conmemorativa, placa de ateroma, placa de cocción, placa de cultivo, placa de estado, placa de fogos, placa de matrícula, placa de Petri, placa de Peyer, placa dental, placa de circuíto impreso, placa ecuatorial, placa estrutural, placa litosférica, placa madrepórica, placa neural, placa neuromotor, placa radiográfica, placa tectónica