irregular
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín irrēgulāris.
- Pronuncia: /i.re.ɣu.'laɾ/ (AFI)
irregular
(sg: irregular; pl: irregulares)
- Que está fóra da regra.
- Que é contrario a unha regra.
- Que non observa sempre o mesmo comportamento.
- Que non sucede comunmente.
- (Botánica) Dise dos órganos vexetais non simétricos.
- (Dereito) Dise da persoa que incorre en irregularidades.
- (Exército) Dise do grupo armado que non responde a unha organización militar oficial e que non está afectado polos acordos de Xenebra respecto aos prisioneiros de guerra.
- (Gramática) Que non se axusta na súa flexión ou na súa derivación ás formas fixadas como modelo.
- (Lingüística) Dise de aquilo que, formando parte integrante dun sistema, non se axusta aos patróns que se teñen por regulares ou normais.
- (Xeometría) Dito dun polígono ou dun poliedro, que non son regulares.