Saltar ao contido

intolerancia alimentaria

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «intolerancia alimentaria».
  • Pronuncia: /intolɛˈɾanθja̝ alimenˈtaɾja̝/ /intolɛˈɾanθja̝ alimɛnˈtaɾja̝/ (AFI)

Locución substantiva feminina

intolerancia alimentaria (sg: intolerancia alimentaria; pl: intolerancias alimentarias)

  1. (Medicina, Alimentación) Reacción adversa provocada polo consumo de certos alimentos, debida a alteracións na dixestión ou metabolización destes, normalmente por causa dunha deficiencia de determinados enzimas dixestivos (como a intolerancia á lactosa), ou por unha susceptibilidade particular fronte a certos compoñentes normais nos alimentos. As intolerancias non están mediadas por ningún mecanismo inmunolóxico, a diferenza das alerxias alimentarias, que son unha reacción inmunolóxica excesiva a determinados alimentos.
    • Exemplo: A intolerancia á lactosa é a intolerancia alimentaria máis frecuente na idade adulta, e explica a presenza no mercado de leites sen lactosa. Outro exemplo común de intolerancia alimentaria é a celiaquía, a intolerancia ao glute.

Termos relacionados

Traducións