Saltar ao contido

interrogante

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /in.te.ro.ˈɡan.te̯/ (AFI)

Adxectivo

interrogante (sg: interrogante; pl: interrogantes)

  1. Que interroga.
    • Exemplo: O orador empregou un ton interrogante na súa intervención.

Sinónimos

interrogador, interrogativo

Substantivo feminino

interrogante (sg: interrogante; pl: interrogantes)

  1. Frase coa que se interroga.
    • Exemplo: Moitas das interrogantes quedaron sen resposta.

  2. Asunto pouco claro ou dubidoso.
    • Exemplo: O caso segue presentando algunhas interrogantes que requiren máis precisión.

  3. Cousa incerta.
    • Exemplo: A súa reacción é sempre unha interrogante.

Observacións

Substantivo masculino

interrogante (sg: interrogante; pl: interrogantes)

  1. Signo ortográfico (?) que se coloca ao final dunha interrogación ou pregunta.
    • Exemplo: Pechaou a frase cun interrogante.

Sinónimos

interrogación, signo de interrogación

Traducións


Castelán

Adxectivo

interrogante (ms: interrogante; mpl: interrogantes; fs: interrogante; fpl: interrogantes)

  1. Interrogante.


Portugués

Adxectivo

interrogante (ms: interrogante; mpl: interrogantes; fs: interrogante; fpl: interrogantes)

  1. Interrogante.