herba benta
Aparencia
Galego
herba benta (sg: herba benta; pl: herbas bentas)
- (Botánica) Planta herbácea da familia das valeraniáceas propia de Europa e dalgunhas partes de Asia, moi común nos bosques húmidos na beira de ríos, e regatos desde as chairas até as zonas submontañosas, que se emprega desde a antigüidade como medicina, de aí o seu nome vulgar de 'herba benta' (bieita).
- Exemplo: En Galicia a herba benta abunda nos prados a carón dos ríos. En farmacoloxía e fitoterapia empréganse os órganos subterráneos (rizomas, raíces e estolóns) da herba benta.
- Exemplo: En Galicia a herba benta abunda nos prados a carón dos ríos. En farmacoloxía e fitoterapia empréganse os órganos subterráneos (rizomas, raíces e estolóns) da herba benta.
Sinónimos
Nome científico
Observacións
O nome específico, officinalis, quere dicir que se operaba e vendía nas oficinas de farmacia (laboratorios ou boticas).