glándula
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /ˈɡlaŋ.du.la̯/ (AFI)
glándula (sg: glándula; pl: glándulas)
- (Anatomía) e (Fisioloxía) Órgano ou célula do corpo cuxa función é producir unha substancia (secreción) que pode verterse a través da pel o das mucosas, ou ao sangue.
- (Botánica) Célula ou conxunto de células das plantas cuxa función é producir e expulsar, ao exterior ou a unha cavidade, os produtos de secreción, como, por exemplo, os aromas das flores.
Termos relacionados
glándula adrenal, glándula apócrina, glándula de Bartholin, glándula de Brunner, glándula de Cowper, glándula de Malpighi, glándula de Meibomio, glándula de Naboth, glándula de Skene, glándula de Zeis, glándula intersticial, glándula lacrimal, glándula odorífera, glándula paratiroide, glándula pineal, glándula pituitaria, glándula prostática, glándula salivar, glándula sebácea, glándula sericíxena, glándula sudorípara, glándula suprarrenal, glándula tiroide, glándula velenosa, glándula sexual feminina, glándula xenital feminina, glándula sexual masculina, glándula xenital masculina.