Saltar ao contido

gateira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «gateira».
  • Pronuncia: /ɡaˈtejɾa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

gateira (sg: gateira; pl: gateiras)

  1. Furado feito na parte baixa da porta da casa para que entren e saian os gatos cando está fechada.
  2. Parte do forno de leña para onde se botan as cinzas.
  3. (Mariña) Tubo pola que ingresa a cadea da áncora á caixa de cadeas.
  4. Pequena abertura nun muro, feita para deixar pasar a auga da chuvia.
  5. Lugar por onde se abre unha canle de auga ou unha presa para dirixir un curso de auga cara a un fin, como regar.
  6. (Botánica) Herba dos gatos.