gádidos
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: /ˈɡaðiðo̝s/ (AFI)
Substantivo masculino plural
gádidos
- (Ictioloxía, alimentación) Familia de peixes teleósteos, con tres aletas dorsais e dúas anais, todas elas sen espiñas, e a base das aletas pélvicas por diante das pectorais. Inclúe especies de grande importancia comercial, como o bacallau, merlán, abadexo ou faneca.
- Exemplo: Os gádidos constitúen a segunda familia, despois dos clupeidos, en volume mundial de pesca.
- Termos relacionados: gádido, gadiformes.