teleósteos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «teleósteos».
  • Pronuncia: /teleˈɔste̯o̝s/ (AFI)

Adxectivo

teleósteos

Esqueleto de peixe sapo
  1. Dise dos peixes que posúen esqueleto osificado.
    • Exemplo: Exemplos de peixes teleósteos son a sardiña, o ollomol, o peixe sapo ou a troita.

Substantivo masculino plural

teleósteos

  1. (Ictioloxía) Peixes da infraclase Teleostei, da clase actinopterixios (Actinopterygii), que comprenden a inmensa maioría dos peixes óseos actuais, tando mariños como de auga doce. Son peixes de esqueleto óseo, cola homocerca, escamas cicloideas o ctenoideas, vexiga natatoria habitualmente presente e sen espiráculos.
    • Exemplo: A troita pertence ós teleósteos

Termos relacionados

Traducións