Saltar ao contido

fósil

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fósil».
  • Etimoloxía: do latín fossus, "desenterrado".
  • Pronuncia: /ˈfɔsil/ (AFI)

Substantivo masculino

fósil (sg: fósil; pl: fósiles)

  1. Resto dun ser vivo que habitou no pasado, ou calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos días grazas á súa mineralización ou a súa conservación en rochas.
  2. (Figurado) Algo ou alguén moi anticuado, moi vello, e que non vai cos tempos.

Adxectivo

fósil (sg: fósil; pl: fósiles)

  1. Que se extrae da terra.
  2. Petrificado, fosilizado.
  3. (Figurado) Que está moi anticuado e que non vai cos tempos.