Saltar ao contido

esfollada

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de esfollar (quitar as follas)

Substantivo feminino

esfollada (sg: esfollada; pl: esfolladas)

  1. (Agricultura) Acción de sacarlle as follas á mazaroca de millo ou outros froitos.
    • Exemplo: Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas/ para comer coas mociñas/ catro castañas asadas.

    • Sinónimos: esfolla, escasula
  2. (Etnografía) Xuntanza festiva de veciños e familiares para esfollar o millo.
    • Exemplo: As esfolladas de noite/ non dan porveito a ninguén;/ mandei á muller a unha/ i esfolláronma tamén.

  3. (Tempo) Época do ano na que se fan estas xuntanzas.

Termos relacionados