dicer
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín dicere
dicer
- dicer é unha palabra considerada incorrecta. A forma correcta é dicir.
Aparece dicer recollida nalgunha canción popular, como na que recolleu J. Pérez Ballesteros, Cancioneiro Popular Galego, II, 2:
Á túa nai xa llo dixen,
a teu pai voulle dicer;
a ti non che digo nada,
fai o que che parecer.
Ademais, aínda está vivo nalgunhas zonas dialectais o imperativo díce(lle) en xente de certa idade, e hai zonas que posúen o dialectal decer (variante de dizer), polo que nalgún momento dicer era a forma habitual, a cal se foi substituíndo polo castelán dicir.