Saltar ao contido

depuración

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «depuración».
  • Pronuncia: /depuɾaˈθjoŋ/ (AFI)

Substantivo feminino

depuración (sg: depuración; pl: depuracións)

  1. Acción e efecto de depurar.
  2. Procura da pureza en calquera ámbito (moral, racial, estético, etc.)
  3. (Ecoloxía) Complexo tratamento que se lle aplica ás augas residuais.
  4. (Alimentación) Tratamento de hixienización de moluscos bivalvos vivos.
  5. (Informática) Corrección de erros no código de programas informáticos.
  6. (Política) Eliminación, física ou burocrática, ou o castigo ou represión política dun colectivo oposto (ou máis propiamente, da parte opuesta) a quen exerce o poder político, especialmente en grupos ou partidos políticos, funcionarios, militares, etc.
  1. (Medicina) Parámetro da farmacocinética dun medicamento.

Traducións

Castelán

Substantivo feminino

depuración (sg: depuración; pl: depuraciones)

  1. Depuración.