corrida
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Pronuncia: /ko.ˈri.ðɐ/ (AFI)
Substantivo feminino
corrida (sg: corrida; pl: corridas)
- Acción de correr.
- Exemplo: Saímos tarde da clase e tivemos que facer unha boa corrida par coller o bus.
- Competición de velocidade.
- Exemplo: Vimos pasar a corrida pedestre desde o balcón do hotel.
- Espectáculo consitente en lidar varios touros.
- Exemplo: A corrida de hoxe foi fantástica.
- (Vulgar) Orgasmo.
Observacións
- Nas 1ª e 2ª acepcións seu sinónimo é carreira.
- Na 3ª acepción seus sinónimos son corrida de touros e tourada.