contraforte
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do italiano contrafforte.
- Pronuncia: /kontɾaˈfɔɾte̝/ (AFI)
contraforte (sg: contraforte; pl: contrafortes)
- (Arquitectura) Reforzo dun muro.
- Peza de coiro que reforza a parte posterior dun calzado e fai que se axuste mellor ao pé.
- Forte que se constrúe contra outro forte.
- (Xeografía) Ramificación de montañas de escaso desenvolvemento, unidas a ambos os lados dunha cordilleira
- (Xeografía) Parte dunha montaña formada por unha aresta secundaria que se apoia contra unha aresta principal.
- (xeomorfoloxía) Promontorio que se proxecta, en posición mais ou menos perpendicular, dunha escarpa ou dunha cordilleira.
- (Enxeñaría) En obras públicas, nunha presa ou nun dique, cada un dos machóns cuxa base se prolonga en forma de esporón e que constitúen o marco das comportas.