estribo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [ esˈtɾiβo̝ ] (AFI)

Substantivo masculino

estribo (sg: estribo; pl: estribos)

  1. (Anatomía) Óso que xunto co martelo e a bigornia forma o oído medio.
  2. Peza do aparello das bestas onde se mete o , de coiro, metal ou madeira.
  3. Chanzo que se emprega para baixar das carruaxes.
  4. Barra de ferro, ou outro material, coa que se asegura unha viga ou se unen dúas pezas de madeira.
  5. (Arquitectura) Reforzo dun muro.

Traducións


Castelán

Substantivo masculino

estribo (sg: estribo; pl: estribos)

  1. (Anatomía) Estribo.
  2. Estribo, estribeira.
  3. Estribo (chanzo das carruaxes).
  4. (Arquitectura) Contraforte, esteo, estribo.


Portugués

Substantivo masculino

estribo (sg: estribo; pl: estribos)

  1. (Anatomía) Estribo.
  2. Estribo, estribeira.
  3. (Figurado) Apoio, amparo.