codia continental
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de codia e continental.
codia continental
- (Xeoloxía) Parte da codia terrestre formada por rochas magmáticas, metamórficas e sedimentarias que forma os continentes da Terra. Anteriormente chamábase sial porque está constituída principalmente por silicatos de silicio e aluminio, polo que ten unha densidade menor que a da codia oceánica, chamada sima, máis rica en silicatos de magnesio.