cobaia
Galego
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/Guinea-pig-booboo-lieveheersbeestje-14.jpg/220px-Guinea-pig-booboo-lieveheersbeestje-14.jpg)
Pronuncia: /koˈβaja̝/ (AFI)
cobaia (sg: cobaia; pl: cobaias)
- (Zooloxía) Mamífero roedor que os incas domesticaron e criaron para aproveitarlle a carne e o pelexo, aínda que actualmente é criado máis ben para experimentos científicos, e para ter como mascotas. Pode chegar ao quilo de peso, medir uns 20 cm de longo, non posúe rabo, e ten orellas pequenas.
- (Figurado) Suxeito vivo (persoa ou animal) que serve para algún tipo de experimento científico.