Saltar ao contido

clasificación periódica dos elementos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «clasificación periódica dos elementos».
Moderna táboa periódica dos elementos, con 18 columnas, que inclúe os símbolos dos últimos catro novos elementos aprobados o 28 de novembro de 2016 pola IUPAC: Nh, Mc, Ts e Og​.
  • Pronuncia: /klasifikaˈθjoŋ peˈɾjɔðika̝ dos ɛleˈmɛnto̝s/ (AFI)

Locución substantiva feminina

clasificación periódica dos elementos

  1. (Química) Distribución dos elementos químicos en liñas e columnas na táboa periódica, que permiten observar as analoxías de propiedades químicas e físicas que varían periodicamente en función do número atómico. Débese ao químico ruso Dmitri Ivánovich Mendeléev (1869).

Sinónimos

táboa periódica, táboa periódica dos elementos

Traducións