Saltar ao contido

charco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /'t͡ʃar.ko̯/ (AFI)

Substantivo masculino

charco (sg: charco; pl: charcos)

  1. Depósito de auga, de menor tamaño que a charca, que se forma nas fochancas do terreo cando chove.
    • Exemplo: Anda con coidado, choveu moito e vai a haber moitos charcos

      .
  2. Por extensión, pequeno depósito dun líquido que se forma no chan.
    • Exemplo: O seu corpo xacía nun charco de sangue.

Termos relacionados

atravesar o charco, cruzar o charco, pasar o charco