champiñón
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do francés champignon, do latín vulgar campiniolus, do latín campania ("do campo").
- Pronuncia: /t͡ʃampiˈɲoŋ/ (AFI)
champiñón (sg: champiñón; pl: champiñóns)
- (Alimentación) (Micoloxía) Cogomelo do xénero Agaricus, da famila das agaricáceas, especialmente Agaricus bisporus e Agaricus campestris, de cor abrancazada, co chapeu convexo de novo e na madurez aplanado, e un pequeno pé cun anel na parte superior. A maioría dos champiñóns son comestíbeis.