Saltar ao contido

cascabullo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Cascabullo nunha landra de cerquiño (Quercus pyrenaica)
  • Pronuncia: /kaskaˈβuʎo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

cascabullo (sg: cascabullo; pl: cascabullos)

  1. (Botánica) Envoltura delgada e fráxil dos grans de trigo, cebada, arroz, etc., ou a dura de certos froitos como as landras ou a améndoa.
    • Exemplo: O cascabullo que ía quedando de moer os grans botabámolo nun saco á parte.

    • Sinónimos: cascabello.
  2. Conxunto de fragmentos miúdos de pedra ou de calquera outra cousa dura.