carrapucho
Aparencia
Galego

Pronuncia: /karaˈput͡ʃo̝/ (AFI)
carrapucho (sg: carrapucho; pl: carrapuchos)
- Gorro que remata en punta.
- Cousa que se pon na punta ou na parte superior de algo.
- Conxunto de plumas que posúen algunhas aves na cabeza.
- Corrosco do pan.
- Sinónimos: caparucha caparucho, carapucho, carrapucha, carapucha.
- (Alimentación) (Botánica) Alga vermella (filo Rhodophyta) moi abundante, que en ocasións forma céspedes, sempre sobre superficies rochosas. Atópase en todas as costas atlánticas de Europa e Norteamérica.
- Sinónimos: pata de galiña.
- Nome científico: Chondrus crispus.
Traducións
Alga
