cantidade de substancia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Galego

Open book 01.png Locución substantiva feminina

cantidade de substancia (sg: cantidade de substancia; pl: cantidades de substancia)

  1. (Física e química) Cantidade definida de forma estándar que mide o tamaño dun conxunto de partículas elelementais, como átomos, moléculas, ións ou outras, como os electróns. É a oitava das magnitudes fundamentais establecidas no Sistema Internacional de Unidades (SI), que a define como proporcional ao número de partículas elementais presentes nun sistema físico ou químico considerado. A unidade SI para a cantidade de substancia, é o mol.

Sinónimos

(impropios)

Observacións

  • Debido que até hai poucos anos (antes de que se definise esta nova magnitude) o mol empregábase como unidade de cantidade de materia (concepto diferente), é moi usual considerar ambos os conceptos como sinónimos.
  • Polo tanto, a cantidade de substancia non debe confundirse coa cantidade de materia, que non é un tamaño definido, podendo expresarse especificamente como masa (m), volume (V), cantidade de substancia (n) ou, simplemente, como o número de entidades (N).

Véxase tamén

Apéndice: Sistema Internacional de Unidades