brea
Aparencia
Galego
brea1
- Pronuncia: /ˈbɾea̝/ (AFI)
brea (sg: brea; pl: breas)
- (Meteoroloxía) Precipitación forte e abundante con moito vento e de pouca duración.
- Boura.
- Termos relacionados: brear.
brea2
- Pronuncia: /ˈbɾea̝/ (AFI)
brea (sg: brea; pl: breas)
- Substancia residual densa e viscosa, de cor parda escura ou negra, de forte olor, obtido pola destilación do petróleo, carbóns, madeiras resinosas, xistos ou outros materiais orgánicos no proceso de obtención do alcatrán e que ten diferentes aplicacións industriais.