Saltar ao contido

asoballar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /asoβaˈʎaɾ/ (AFI)

Verbo transitivo

asoballar

  1. Pasar por riba de algo, pisándoo, esmagándoo, destruíndoo.
    • Exemplo: Uns ultras entraron na praza e asoballaron o xardín de flores que a xente creara.

  2. Impedir ou dificultar o crecemento de algo.
    • Exemplo: Hai que cortar o arbusto, que asoballa as plantas da horta.

  3. Tratar a alguén con superioridade, dominándoo, contra a súa vontade, e chegando a humillalo.

Termos relacionados

Conxugación