arquilexema
Aparencia
Galego
arquilexema (sg: arquilexema; pl: arquilexemas)
- (Semántica) Significante (non ten por que existir) dun arquisemema, concepto que pertence ó plano do expresión pero que depende do plano do significado.
Exemplo
Partindo dun campo semántico formado por tres lexemas: parede, muro e tabique, onde os semas que presentan son respectivamente "obra, vertical", "obra, vertical, groso" e "obra, vertical, interior", entón "groso" sería o semantema de muro (pois é o seu sema específico), mentres que obra e vertical conformarían o arquisemema, pois sería común a todo o campo semántico. O arquisemema neste campo semántico ten (non sempre é así) un significante, que é o arquilexema: "parede".