anemone
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo ἀνεμώνη anemṓnē.
- Pronuncia: /a.nɛ.'mo.ne/ (AFI)
anemone (sg: anemone; pl: anemones)
- (Botánica) Planta herbácea, vivaz, da familia das ranunculáceas, que ten un rizoma tuberoso, poucas follas nos talos, e flores de seis pétalos, grandes e vistosas, das que se cultivan diferentes especies, con flores de cores distintas.
- Exemplo: No xardín había varias especies de anemones.
- Exemplo: No xardín había varias especies de anemones.
- (Botánica) Flor desas plantas.
- Exemplo: Enriba da mesa había un floreiro de anemones.
- Exemplo: Enriba da mesa había un floreiro de anemones.
- (Zooloxía) Anemonia sulcata, pólipo solitario da subclase dos hexacoraliarios, que vive fixado nas rochas mariñas, de cor parda ou gris, corpo brando, cilíndrico e contráctil, coa boca rodeada de varias filas de tentáculos que ao se estenderen fan que o animal pareza unha flor.
- Exemplo: As anemones liberan substancias tóxicas como medio de defensa.
- Exemplo: As anemones liberan substancias tóxicas como medio de defensa.
Observacións
Na 3ª acepción son sinómimos actinia, anemone de mar e apegón.