Saltar ao contido

alicerzar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Verbo transitivo

  1. Botar os alicerces de algo.
    • Exemplo: As escavadoras están preparando o terreo para alicerzar o novo auditorio.

  2. (Figurado) establecer os fundamentos dunha ciencia, teoría, idea etc.
    • Exemplo: Cos seus ensaios non fai máis que alicerzar a teoría da liberación.

Sinónimos

cimentar
fundamentar

Verbo pronominal

  1. Ter a base ou fundamento en algo.
    • Exemplo: As súas actuacións alicérzanse nas leis.