alfalfa
Aparencia
Galego
alfalfa (sg: alfalfa; pl: alfalfas)
- (Botánica) Planta herbácea leguminosa, da que existen diferentes variedades, amplamente cultivada como forraxe. Pode acadar 1 metro de altura, de caules erectos e delgados, con mestos feixes de flores miúdas de cor púrpura e froito en legume. As súas raíces poden chegar aos 4,5 metros.
- Nome científico: Medicago sativa.