aguillar
Aparencia
Galego
Pronuncia: /aɣiˈʎaɾ/ (AFI)
aguillar
- Picar [un animal de carga ou tiro] cunha aguillada para que acelere ou para guialo.
- (Figurado) Servir de estímulo a [algo ou alguén].
Traducións
- Castelán: (1, 2) aguijonar (es), (2) estimular (es).
- Francés: aiguillonner (fr).
- Portugués: aguilhar (pt)
Conxugación
Verbo regular da 1ª conxugación
| Infinitivo | aguillar |
| Xerundio | aguillando |
| Participio | aguillado, aguillada, aguillados, aguilladas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para aguillar.
- «aguillar» no DIGALEGO, Ir Indo.