Saltar ao contido

acoso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «acoso».
  • Pronuncia: [ aˈkoso̝ ] (AFI)

Substantivo masculino

acoso (sg: acoso; pl: acosos)

  1. Acción ou efecto de acosar.
  2. Persecución ou molestia sen descanso a unha persoa para lograr un fin.
  3. Persecución a alguén con molestias insistentes.
  4. Na tauromaquia, persecución a cabalo dunha res, xeralmente previa a unha derriba e proba da fereza da mesma.

Expresións

  • acoso escolar: calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares de forma reiterada.
  • acoso inmobiliario: acción de provocar molestias aos veciños co fin de que abandonen a súa vivenda habitual.
  • acoso laboral: acción dun fustrigador ou fustrigadores conducente a producir medo, terror, desprecio ou desánimo no traballador afectado cara ao seu traballo.
  • acoso psicolóxico: atentado contra a dignidade dunha persoa para danala psicoloxicamente.
  • acoso sexual: manifestación dunha serie de condutas compulsivas de solicitudes de favores sexuais con distintas formas de manifestación dirixidas a un receptor sen ter en conta o seu consentimento.

Traducións