persecución
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín persecutio, -ōnis.
Pronuncia: /peɾ.sɛ.ku.'θjoŋ/ ou /peɾ.sɛ.ku.'sjoŋ/ (AFI)
persecución
(sg: persecución; pl: persecucións)
- Acción e efecto de perseguir.
- (Dereito) Procedemento xudicial dirixido contra alguén de quen se teñen indicios de que cometeu ou participou nunha acción criminal.
- (Relixión) e (Historia) Conxunto de actos violentos exercidos contra os cristiáns no Imperio Romano, desde Nerón, no incendio de Roma (64), ata Séptimo Severo (202-211), que decretou a persecución contra os catecúmenos, e Máximo Tracio (235-238) contra os cregos e os dirixentes das comunidades.
- (Relixión) Imposición de penas aos adeptos dunha crenza ou dunha relixión.