acomodar
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Etimoloxía: do latín accommodāre.
Verbo transitivo
acomodar
- Colocar algo ou a alguén de maneira conveniente ou cómoda.
- Exemplo: Acomodou todos os mobles vellos nun cuarto. Acomodou os invitados na sala.
- Pór de acordo algo.
- Exemplo: Acomodou a súa conferencia á cultura dos oíntes.
- (Gandaría) Darlle ao gando a comida que precisa.
- Exemplo: Cando acabou de muxir e acomodar as vacas xa era hora de cear.
Observacións
- Na 1ª acepción seu antónimo é descolocar.
- Na 2ª acepción seu sinónimo é adecuar.
- Na 3ª acepción seu sinónimo é despachar.
Galego
Verbo pronominal
- Colocarse de modo cómodo.
- Exemplo: Eu acomódome en calquera sitio.
- Manterse [unha persoa, ou unha cousa] dentro de certos límites, en correspondencia con.
- Exemplo: Debe vostede acomodarse ás nosas esixencias. Hai que acomodarse co pouco que hai.
- Conseguir sentirse cómodo con certas circunstancias.
- Exemplo: Non se acomoda ao xeito de vida americano.